Di2024

Rebeca Varela, ilustradora do cartel Di2024

Coñecida tamén como «Perdivel», unha ilustradora con formación no ámbito da ilustración e o deseño gráfico. Desde 2010, desenvolve a súa carreira profesional como deseñadora, traballando para diversas empresas, pero a verdadeira paixón que sempre a moveu foi o debuxo.

perdivel.com

@perdivel

Actividades destacadas

O Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. O protagonista de 2024 foi Xesús ‘Chichi’ Campos.

A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante», con documentos, libros, imaxes e obras do autor.

Homenaxe a Chichi Campos

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Chichi Campos.

A AGPI organizou a charla «Chichi Campos e a importancia da autoedición durante o franquismo», a cargo de Nico Campos, e talleres prácticos nas escolas de arte da Coruña, Lugo e Ourense (máis información sobre a charla e os talleres aquí)

Programación do Día da Ilustración 2024

Exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante»

A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante». A mostra recolleu documentos, libros, imaxes e obras de Chichi Campos que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia (Monte Gaiás) | Máis información | Visita virtual á exposición

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2024

Breve vídeo (3:25) no que se percorre a vida e a singular obra dun dos pioneiros do humor gráfico galego. O vídeo tamén puido verse na exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante» na Biblioteca de Galicia. É unha produción da AGPI e a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Tres visións sobre Chichi Campos

Tres ilustradores —Leandro, Iván Mouronte e Idoia de Luxán— ofreceron a súa visión persoal de Chichi Campos en tres ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.

[Ver a galería 2024]