Obradoiros nas Escolas de Arte
Introdución aos dioramas ilustrados, con Iria Fafián
Martes 4 de febreiro, de 10:00 a 14:00 || EASD Pablo Picasso (A Coruña)
Sobre os animais de tinta, con Laura Caneira
Mércores 28 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 || EASD Ramón Falcón (Lugo)
Autoedición e autoxestión da túa obra, con Bernal Prieto
Mércores 29 de xaneiro, ás 12:00 || EASD Antonio Faílde (Ourense)
«Personalidade creativa: a clave do éxito na túa profesión e no teu negocio»
‘Webinar’ con Mònica Rodríguez Limia
Xoves 30 de xaneiro, ás 19:00
|| Seminario en liña
Descubre neste webinar de Mònica Rodríguez —experta en creatividade e fundadora de EC Escuela de Negocios Creativos— por que a imaxe do creativo/artista morto de fame é cousa do pasado. Sabías que é a mellor época na historia para os creativos? Un 40 % dos negocios de éxito son creativos, e isto vai en aumento. Saberás como aproveitar a túa personalidade creativa para mellorar profesionalmente e aumentar vendas se tes o teu propio negocio.
Actividade de balde. Requírese inscrición previa neste formulario.