Homenaxe a Siro


Xomenaxe 2026

Siro, o mestre da caricatura.

Caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor.

Ferrol, 1943.

Caricaturista, debuxante, pintor, xornalista, escritor e, sobre todo, unha mente inqueda, activa e cunha curiosidade insaciable. O seu trazo, sinxelo —en apariencia— e expresivo, combinado co seu fino sentido do humor son recoñecidos en toda Galicia tanto por compañeiros e compañeiras de profesión coma polo gran público.

No marco do I Seminario Galego de Humor, a partir de 1982, Siro e outros debuxantes coma Xaquín Marín conseguiron revalorizar o humor gráfico galego.

Humor gráfico

Aos vinte anos trazou as súas primeiras caricaturas dos compañeiros da Oficina Técnica de Bazán. Sete anos máis tarde, en 1970, Siro comeza a súa andaina como humorista gráfico na revista Chan e, nos anos posteriores, en xornais coma Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región ou La Voz de Galicia, onde traballou vinte e un anos ata a súa xubilación no ano 2006. 

Entre o 2000 e o 2002 foi coordinador do suplemento semanal de La Voz Xatentendo.com, que recibiu a Codorniz de Plata de la Academia del Humor.

Ilustración

Siro ten publicados case unha vintena de álbums, entre os que destacan Os Pecados Capitales (1977) —a obra que supuxo un punto de inflexión na súa carreira—, Homes e Mulleres (1980), Coas raíces na terra: 18 figuras galegas (1980), Xente na brétema (1988 e 2003) e A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro (2009) —antoloxía do seu traballo diario en La Voz—. 

Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor ilustrou cartelería e libros de diversos autores e editoriais.


Outros proxectos

Ao longo da súa carreira, Siro traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Xunto a Xaquín Marín impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984 paralelamente á exposición do manifesto En defensa do humor.

Escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión: Imos aló?, pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e Corre Carmela que chove, que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña). Como escritor e ensaísta non perde de vista o humor e a pintura e é autor de artigos, ensaios e libros dedicados a Cervantes, Castelao e Xosé María Cao. 

Bibliografía básica:

  • www.siroartista.es. Web do autor. 
  • Siro. Oitenta e un anos e un lapis: Pazo Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, 30 de xaneiro-31 de marzo 2024 [cat. exposición]. (Concello da Coruña, 2024).
  • Falemos de caricatura. Siro e Félix Caballero (Xerais, 2018).
    A autonomía galega nas caricaturas de Siro. Varios autores (Deputación da Coruña, 2009).

Exposición «Siro. A vida nun lapis»


Mostra bilbiográfica

Na Biblioteca de Galicia, do 30 de xaneiro ao 10 de maio

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2026: Siro

Breve peza de 3 minutos para………….. Unha produción da AGPI e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.