30 de xaneiro

Día da Ilustración 2026

Celebración anual da ilustración galega que recoñece o traballo das ilustradoras e ilustradores e a súa contribución á cultura.

Participa

30 de xaneiro

Únete á comunidade da Ilustración galega xeral a través das actividades, obradoiros e programación en bibliotecas, centros de ensino e outros espazos culturais galegos.

Que é o día da ilustración?

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. É unha xornada para recoñecer e poñer en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país. Na edición de 2026, a celebración está dedicada a Siro, dando continuidade á iniciativa iniciada o pasado ano de homenaxear autores en vida.

O Día da Ilustración é un proxecto colaborativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Público

Actividades pensadas para todos os públicos: escolares, familias, afeccionados e profesionais da ilustración.

Actividades

Obradoiros, contacontos e toda una programación completa nas bibliotecas.Tiene

Exposicións

Mostras dos ilustradores homenaxeados e de autores galegos contemporáneos, para descubrir o mellor da ilustración galega.

Comunidade

Fomentamos a participación e o encontro entre ilustradores e público, promovendo a cultura e a creatividade en Galicia.

Vídeo resumo do día da ilustración 2026


Clara Cerviño

Ilustradora do cartel DI2026

Apaixonada pola natureza, observala de preto e descubrir as marabillas que encerra é o motor do seu traballo. A súa obra é colorida e vibrante, resultado dunha combinación de grafito, tinta e acuarela. Interesada especialmente nos proxectos de divulgación dirixidos a todos os públicos co obxectivo claro de transmitir a importancia de comprender o que nos rodea para espertar, a través das súas ilustracións, a vontade de coidalo e preservalo.

A noite de Castelao

O 30 de xaneiro naceu Castelao, ese é o motivo polo que dende 2017 celebramos o Día da Ilustración en Galicia. Queremos renderlle homenaxe ao seu traballo con “A noite de Castelao”, un espazo para facer unha reflexión colectiva debuxando a modo de protesta sobre o uso da IA xenerativa por parte de persoas sen formación e das institucións. Esta actividade invita a reflexionar dende o debuxo sobre como este procesos de automatización vulneran os nosos dereitos como profesionais do sector, contaminan as augas e aceleran o quencemento da terra, ademais de violentar a existencia humana.

#AnoiteDeCastelao

Dende agora e ata o 29 de xaneiro, polas noites compartiremos en “historias” de Instagram e retuitearemos en “X” e “Bluesky”, ilustracións e reflexións baixo o lema, “Castelao non o far(IA)”, de calquera autor ou autora que así o queira. Para iso é preciso que nos etiquetes en Instagram @agpilustracion, en “X” @_agp, en “Bluesky” @agpilustracion.bsky.social Non esquezas escribir o hashtag #AnoiteDeCastelao


Somos profesionais con voz e autoría propia. Reflexionemos, protestemos e compartamos en celebración do noso oficio!

Olladas

Tres visións ilustradas sobre Siro

Tres ilustradores interpretan o universo gráfico de Siro desde a súa visión persoal: Agustina Shuan, Santy Gutiérrez e Tamara Baz.

Agustina Shuan

Santy Gutiérrez

Tamara Baz