Xaneiro 2023

Actividades nas bibliotecas de Galicia

Homenaxe Di23

María Antonia Dans

Día da Ilustración

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é María Antonia Dans.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Siro

Ilustrador do cartel Di2023

Siro (Ferrol, 1943)

Humorista gráfico, caricaturista e ilustrador, ten traballado para La Voz de Galicia, Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región, Diario de León, Diario 16 e varias publicacións galegas. O seu manifesto en defensa do humor, asinado con Xaquín Marín en 1983, conseguiu a revalorización do traballo do humorista gráfico e o caricaturista na prensa, e deu lugar ao nacemento do Museo do Humor de Fene. En 1990 deseñou a Praza do Humor da Coruña. Entre 2000 e 2002 coordinou Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia.

siroartista.es

Tres visións sobre María Antonia Dans

Tres ilustradores —Aida Alonso, Xoana Almar (Cestola na Cachola) e Jano— ofrecen a súa visión persoal de María Antonia Dans en tres ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.

Contacta

Se queres ter máis información, ponte en contacto;
tentaremos resolver todas as túas dúbidas.

Envía un correo electrónico