Di2016

Cartel do Día da Ilustración 2016, por Jaime Asensi

Jaime Asensi (Vilagarcía de Arousa, 1957) traballa desde os anos oitenta como ilustrador, deseñador gráfico e autor de cómic. En 2004 publicou Ubu rey, adaptación á banda deseñada da peza teatral de Alfred Jarry, en Edicions de Ponent. Ilustrou os contos Vanesa non quere ser princesa, de Xosé Antonio Perozo (2004), Tom e Mix, os cabalos de Clara, de Francisco López-Barxas (2009), e Monadas, de Luce Moreau-Arrabal (2009). En 2010 adaptou á banda deseñada a obra Pic-nic, de Fernando Arrabal. Ten colaborado con numerosas editoras e publicacións periódicas. jaimeasensi.blogspot.com.es

Actividades destacadas

As bibliotecas públicas nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo desenvolvéronse obradoiros, conferencias e mostras no propio día e nos días previos. A AGPI presentou, o día 28 de xaneiro (na Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela) a súa publicación Novas olladas sobre os clásicos universais (catálogo de ilustracións) e mais o proxecto Guía Ninja do Ilustrador, coa presenza dos ilustradores María Álvarez Hortas e Sergio Covelo, presidente da AGPI.