Charlas

Charla: «Xaquín Marín: Viaxe con Reimundo Patiño»

Con Xaquín Marín

28 de xaneiro de 2022, ás 11:10

Xaquín Marín e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético. E quen mellor que Xaquín para nos achegar á figura carismática e controvertida de Reimundo Patiño, o autor que homenaxeamos no Día da Ilustración 2022. 

Xaquín Marín (Ferrol, 1943). Debuxante e ilustrador, traballou en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia, onde continúa publicando viñetas. Publicou varios álbums de BD, como Ratas (1977, reeditado en 2006) e varios recompilatorios de series como Gaspariño ou O lecer de Isolino. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. 

Presenta: Neves Rodríguez

Acceso directo á gravación da charla

Conversa coa ilustradora Roberta Vázquez

28 de xaneiro ás 12:40

Roberta Vázquez (Santiago de Compostela, 1989) é unha autora de BD e ilustradora afincada en Barcelona. Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde entrou en contacto co mundo dos fanzines. Colabora con diferentes medios nacionais e internacionais como El País, El Jueves, Revista Cactus, Marie Claire, Revista Cáñamo ou Vice. En 2019 publicou o seu primeiro libro de banda deseñada, ¡Socorro! (Apa Apa), e actualmente traballa nun proxecto de libro infantil para Blackie Books.

@robertavazquez

Presenta: Neves Rodríguez

Acceso directo á gravación da conversa