Di2020

Xulia Pisón, ilustradora do cartel Di2020

Ilustradora e debuxante de banda deseñada, cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Despois de editar varios cómics en formato fanzine, como McCactus, e de colaborar en diversas publicacións colectivas como Altar Mutante ou a antoloxía Licor café, en 2019 creou para a Universidade da Coruña o cómic de divulgación científica Microalgas – El mundo oculto. Como ilustradora ten realizado carteis para diversos eventos, como as Festas de María Pita da Coruña en 2017.

xuliape.tumblr.com

Actividades destacadas

Desde 2017, o Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. O Día da Ilustración 2020 estivo dedicado a Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902 – Castro Caldelas, 1942).

A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera». A AGPI realizou un vídeo en liña que resume a vida e logros artísticos do ilustrador.

 

Homenaxe a Cándido Fernández Mazas

 

 

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e mais a municipal de Ferrol, realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Cándido Fernández Mazas. En Allariz levouse a cabo a cuarta edición de Allariz Debuxado. A AGPI organizou, na EASD Pablo Picasso, unha charla e un obradoiro co ilustrador Jesús Cisneros, e, na EASD Antonio Faílde, unha conferencia sobre a vida e a obra e Fernández Mazas, a cargo do especialista José Manuel Bouzas.

Programación do Día da Ilustración 2020

Exposición homenaxe a Cándido Fernández Mazas

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera». A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras de Fernández Mazas que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2020: Cándido Fernández Mazas

Breve vídeo que fai un percorrido pola vida e a obra deste ilustrador ourensán.