Xesús “Chichi” Campos
La Laguna (Tenerife), 1952- Santiago de Compostela, 1991
Debuxante incansable, pioneiro do humor gráfico, retratou coma ninguén o seu tempo de maneira ácida e intelixente. Residiu na Coruña coa súa familia desde moi pequeno. Foi o seu irmán Miguel (que morreu con apenas 20 anos) quen lle ensinou a debuxar, e tamén durante un paseo con el coñeceu Ángeles Ripoll, “Anciñas”, quen sería a súa parella. Xunto con Xosé e Rosendo Díaz (fillos de Isaac Díaz Pardo) e Luís Caparrós Esperante forman o Grupo Cómic do Castro en 1972, e un ano despois editan A Cova das Choias. Durante este tempo, fixo amizade con Seoane, Neira Vilas e, en especial, con Blanco Amor.
Ilustración para La tata (1958) e portada de La isla de las tortugas (1964).
A partir do 1975, autoedita fanzines, como foi O Carallo 29, e militou comprometidamente no Partido Comunista. No 1978 múdase a Compostela, e xunto a Díaz Pardo pon en marcha a Galería Sargadelos, que foi espazo cultural de referencia na cidade e de onde agromaría o xerme da revista Can Sen Dono. En1982 colabora coa recén fundada imprenta Tórculo.
A partir de 1984, despídeno da Galería Sargadelos e presenta o seu cese voluntario no Partido Comunista. Un ano máis tarde, marcha a vivir a Canarias co seu irmán Federico, onde dá positivo por VIH.
De volta en Santiago, comeza a súa andaina na TVG. Campos seguiu debuxando para A Nosa Terra e Can sen Dono, e para outros como Diario 16 de Galicia ou Xornal Diario.
A partir de 1990, e por mor do SIDA, o seu deterioro foi cada vez máis rápido ata o seu falecemento o 26 de febreiro de 1991, con 39 anos de idade.
Bibliografía básica:
- Estampas do mundo elegante, Vigo: A Nosa Terra, 1992.
- Nico Campos: Estampas do mundo elegante (máis elegante ca nunca), Santiago de Compostela: Nico Campos, 2022.
- Xesús Campos: unha visión aguda e vertixinosa de Galicia [catálogo de exposición], Santiago de Compostela: Consorcio da Cidade de Santiago, 1993.
- O Campos 70 [exposición], A Coruña: Fundación Luís Seoane, 2023.
Exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante»
A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante». A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras do autor que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia (Monte Gaiás)
Do 30 de xaneiro ao 12 de maio de 2024 | De 9:00 a 21:00, entrada libre e gratuíta | Máis información
Inauguración: 30 de xaneiro ás 12:00
Charla: «Chichi Campos e a importancia da autoedición durante o franquismo»
Nico Campos
....
Presenta: Laura Romero (presidenta da AGPI)
Organiza: AGPI, coa colaboración da EASD Antonio Faílde e o patrocinio da Xunta de Galicia
Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2024: Xesús (Chichi) Campos
Breve vídeo (3:25) que que percorre a vida e a singular obra dun dos pioneiros do humor gráfico galego. O vídeo tamén pode verse na exposición «Xesús “Chichi” Campos. O humor de trazo elegante» na Biblioteca de Galicia. É unha produción da AGPI e a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.