CHARLA CON ILUSTRADORA INVITADA: CARLA BERROCAL
29 de xaneiro ás 10:30
Acceso directo á gravación da charla
Carla Berrocal (Madrid, 1983)
Compaxina o seu labor de ilustradora para axencias de publicidade e editoriais coa docencia. Ten participado en numerosas antoloxías en todo o mundo, e ten publicado, entre outros, os cómics El brujo (2011), Epigrafías (2016) e La geometría de los silencios (2019, con texto de Marc Buleón). En 2019 obtivo a bolsa de cómic MAEC-AECID na Academia de España en Roma co proxecto Doña Concha, un cómic inspirado na vida e na obra de Concha Piquer. É presidenta da Asociación de Profesionales de la Ilustración de Madrid (APIM).
CHARLA: ‘LOLITA DÍAZ BALIÑO: A ILUSTRADORA DOS SOÑOS’
Con Rosario Sarmiento
29 de xaneiro ás 12:10
Acceso directo á gravación da charla
Rosario Sarmiento (Santander, 1957)
Licenciada en Xeografía e Historia, ten unha ampla traxectoria profesional na programación e xestión de proxectos culturais. Conta con máis de trinta anos de experiencia profesional; dirixiu a colección de arte Caixa Galicia. Foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia. Colaborou con institucións como a Academia Galega de Belas Artes, o Auditorio de Galicia, o Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, o Museo Casa Natal Picasso, o Chillida-Leku, a Casa del Lector de Madrid, o Museo e a Bienal de Pontevedra, o Museo das Mariñas e o Museo Arqueolóxico da Coruña. En 2018 dirixiu o documental Arte + Muller + Galicia.