Consulta as actividades programadas na Rede de Bibliotecas de Galicia:
Santiago de Compostela
• Biblioteca de Galicia
Exposición ‘Federico Ribas: As liñas da beleza’
Percorrido pola obra de Federico Ribas, homenaxeado do Día da Ilustración 2019. Do 25 de xaneiro ao 7 de marzo De 8:00 a 21:00, entrada libre e gratuíta Inauguración: 25 de xaneiro ás 19:00Obradoiro de ilustración
Con Santy Gutiérrez Para rapaces e rapazas de 8 a 13 anos 27 de xaneiro, ás 12:00 40 prazas. Inscricións na web da Cidade da Cultura [cidadedacultura.gal]• Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A palabra convertida en arte
Obradoiro no que coñecemos a labor dos monxes nun «scriptorium» do Medievo como copistas de manuscritos e iluminadores. Falamos da relevancia da lingua galega nesta época e da presenza de mulleres copistas e miniaturistas. Con Mekané Didáctica Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos 30 de xaneiro, ás 18:30 30 prazas. Inscricións na web da bibliotecaLer no ceo, pintar o mundo: a ilustración na literatura infantil galega
Mostra de libros da sala infantil, cunha selección de representantes da ilustración galega. Do 25 ao 31 de xaneiro• Sede da Fundación Abanca en Santiago
Actividades do Día da Ilustración na MiiC Dentro das actividades da MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea), no vestíbulo da Sede de Afundación expúxose un orixinal de Federico Ribas, reproduciuse o vídeo sobre Ribas do Día da Ilustración e houbo un mural realizado pola ilustradora Bea Lema o día 28 de xaneiro. Pola tarde, houbo charlas sobre ilustración. Podes ver un vídeo-resumo das actividades aquíInauguración especial
Ás 12:00Federico Ribas Montenegro
Charla de Siro López Ás 19:00 Podes ver a charla íntegra aquíO oficio de ilustrar: o que está por vir
Conversa sobre ilustración e banda deseñada. Con Anabel Colazo, Andrés Magán e Carlos Arrojo; modera: Bea Lema Ás 20:00 Podes ver a conversa completa aquí Actividades con entrada libre e gratuítaA Coruña
• Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mundos de papel
Obradoiro sobre técnicas para saber trasladar o imaxinario dunha historia a papel coa creación de personaxes e escenarios de ficción.
Con Noemí López Para nenos e nenas de 4 a 12 anos 26 de xaneiro, ás 12:00 20 prazas. Inscricións na páxina web da biblioteca ou no teléfono 881960379A maxia das cores
Exposición de libros ilustrados infantís que fai un percorrido polas obras dalgúns dos máis importantes ilustradores do libro infantil. Do 15 ao 30 de xaneiroLugo
• Biblioteca Pública de Lugo
Fantasía ilustrada
Obradoiro dirixido á estimulación da expresión plástica en relación co texto. Constrúense historias visuais, deséñanse personaxes, ilustrase baixo a influencia da música, creando paisaxes sonoras…
Con Xosé Tomás Para nenos e nenas de 6 a 12 anos 25 de xaneiro, ás 18:00 20 prazas. Inscricións na sala infantil da biblioteca