Charlas 2024

O libro obxecto: cando todo conta

Taller teórico-práctico impartido por Nuria Díaz

1 de febreiro de 2024, ás 10:00 || EASD Pablo Picasso (A Coruña)

A autora vai máis alá do que narran os textos e as ilustracións, e céntrase no libro como obxecto: peso, dimensións, formato e composición do exterior en xeral

Autoedición e autoxestión da túa obra

Taller teórico-práctico impartido por Bernal Prieto

30 de xaneiro de 2024, ás 10:00 || EASD Ramón Falcón (Lugo)

Obradoiro para aprender as bases do mercado tradicional e as alternativas, co fin de manexar a túa produción creativa de xeito autoxestionado.

Ilustración animada para redes sociais

Taller teórico-práctico impartido por Carmen Pintos

2 de febreiro de 2024, ás 10:00 || EASD Antonio Faílde (Ourense)

Obradoiro para levar a cabo un proxecto de ilustración e posterior animación con After Effects para darlle un valor engadido á túa obra en redes sociais.

Chichi Campos e a importancia da autoedición durante o franquismo

Charla/conversa con Nico Campos, fillo do autor homenaxeado

30 de xaneiro de 2024, ás 17:00 || EASD Antonio Faílde (Ourense)

Nico Campos segue a espallar a memoria do seu pai para que a súa obra non caia no esquecemento. Nesta charla co alumnado da EASD Antonio Faílde centrarase especialmente nas publicacións autoeditadas do autor nunha época na que a represión e a censura eran a norma.