O Día da Ilustración foi creado en 2014, tomando como referencia a data do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do Calendario do Libro e da Lectura que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
Conta coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e actividades na rede de bibliotecas nodais de Galicia. Desde 2017 homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores.