Consulta as actividades programadas na Rede de Bibliotecas de Galicia:
Santiago de Compostela
• Biblioteca de Galicia
Obradoiro de carteis ilustrados
Con Minia Regos
Neste obradoiro achegarémonos á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño. Os carteis que realizou serán o punto de partida para idearmos novos carteis.
De 8 a 13 anos
28 de xaneiro, de 12 a 13:30
30 prazas. Inscrición na web da Cidade da Cultura
Exposición «Díaz Baliño: A xenialidade truncada»
Percorrido pola documentación que recompilou Isaac Díaz Pardo sobre a vida e a obra de seu pai, Camilo Díaz Baliño.
Do 30 de xaneiro ao 7 de marzo de 2018
Horario: de 8:00 a 21:00
Inauguración: 30 de xaneiro, ás 19:00
• Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de manualidades con tea
Con Patricia Núñez Sánchez
Os asistentes personalizarán orixinais bolsas de tea para transportar os seus libros.
De 6 a 13 anos
30 de xaneiro ás 18:30
10 prazas. Inscrición a través do formulario na web da biblioteca
Mostra bibliográfica «Debuxar polo conto: a ilustración na literatura infantil en Galicia»
Mostra colectiva das ilustradoras e ilustradores galegos cos que conta a sala.
Do 22 ao 31 de xaneiro
Horario: de 8:30 a 21:00
A Coruña
• Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de álbum ilustrado
Con Xosé Tomás
Este obradoiro amosará aos nenos e nenas as técnicas e pasos do proceso creativo arredor do álbum ilustrado.
De 6 a 12 anos
27 de xaneiro, ás 12:00
20 prazas. Inscrición na web
Mostra bibliográfica «Ilustradores coruñeses»
Percorrido polas obras dalgúns dos máis importantes ilustradores coruñeses.
Do 10 ao 31 de xaneiro
Horario: de 8:30 a 20:30
Lugo
• Biblioteca Pública de Lugo
Mostra documental «Castelao ilustrador»
Con motivo do Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao, exporase a obra gráfica do autor na sala de exposicións da biblioteca.
Do 19 ao 30 de xaneiro
Horario: de 9:00 a 21:00
Obradoiro «Actores en papel»
Con Noemí López
Os rapaces coñecerán unha serie de técnicas para trasladar o imaxinario dunha historia ao papel (creación de personaxes e escenarios de ficción).
De 4 a 12 anos
26 de xaneiro, ás 18:00
20 prazas. Inscrición previa
Ourense
• Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro «As cousas non son o que parecen»
Con Sarabela Teatro
Imos xogar e coñecer esas imaxes que enganan, repasando grandes creacións ilustradas.
De 6 a 12 anos
27 de xaneiro, ás 12:00
25 prazas. Inscrición na sala infantil da biblioteca desde o sábado anterior
Obradoiro de cómic para rapaces
Con Yago García
O ilustrador Yago García achega os rapaces ao mundo do cómic.
De 12 a 20 anos
27 de xaneiro ás 11:30
Actividade de continuidade. Inscrición previa
Obradoiro «Os pequenos imos ilustrar»
Con Susana Villar
Os rapaces vanse converter en pequenos ilustradores.
De 4 a 7 anos
30 de xaneiro, ás 18:30
15 prazas. Inscrición previa na sala infantil da biblioteca
Mostra «Grandes ilustradores infantís»
Mostra bibliográfica na sala infantil que recolle os ilustradores máis premiados dos últimos anos.
Do 26 de xaneiro ao 5 de febreiro
Mostra «O álbum ilustrado para adultos»
Poderase visitar na primeira planta da biblioteca.
Do 26 de xaneiro ao 5 de febreiro
Pontevedra
• Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Contacontos e obradoiro de debuxo «Federico Ribas, pequena biografía ilustrada»
Con Polo Correo do Vento
A partir de 3 anos
26 de xaneiro, ás 18:00
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Mostra bibliográfica «Un mundo de ilustracións»
Selección de obras ilustradas premiadas nos máis destacados certames internacionais e un achegamento á figura do ilustrador galego Federico Ribas.
Do 26 de xaneiro ao 23 de febreiro
Vigo
• Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de banda deseñada
Con María Vilar
Sesión teórico-práctica do deseño de personaxes e elaboración de banda deseñada.
A partir de 6 anos
27 de xaneiro, ás 12:30
Inscrición previa na biblioteca ou por teléfono
Obradoiro «A Ilustración é diversión»
Con Aurora López
Combinando debuxo e cor aprendemos a contar historias con imaxes, para potenciar a imaxinación e a fantasía. Divertímonos creando personaxes con nome propio que participan da nosa ilustración.
De 4 a 12 anos
30 xaneiro, ás 18:00
Inscrición previa na biblioteca ou por teléfono
Mostra «Catro ilustradoras e catro libros: pintando a imaxinación»
Mostra que recolle o traballo das ilustradoras Almudena Aparicio, Kristina Sabaite, Minia Regos e Marta Álvarez.
Do 29 xaneiro ao 10 febreiro
De 9:00 a 21:00