Programación 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN

30 de xaneiro de 2020

Obradoiros, exposicións e actividades nas bibliotecas públicas e nas escolas de arte de Galicia:

Santiago de Compostela   | A Coruña  | Lugo | Ourense   | Pontevedra   | Vigo

Santiago de Compostela

Biblioteca de Galicia

Exposición ‘Cándido Fernández Mazas: Signos dunha quimera’

Percorrido pola obra de Cándido Fernández Mazas, homenaxeado do Día da Ilustración 2020.
Máis información

Do 30 de xaneiro ao 29 de maio
De 8:00 a 21:00, entrada libre e gratuíta
Inauguración: 30 de xaneiro ás 11:00

Obradoiro de ilustración de personaxes: A vida secreta dos obxectos

Con Xulia Pisón

Para rapaces e rapazas de 8 a 11 anos
25 de xaneiro, de 17:00 a 18:30
20 prazas. Inscrición gratuíta na web da Cidade da Cultura

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro de introdución á banda deseñada: Narrar en viñetas

Con Jorge Campos

Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
30 de xaneiro ás 18:30
10 prazas. Inscrición gratuíta na web da biblioteca

Debuxando mundos desde aquí: Mostra sobre a ilustración galega

Selección de ilustradores e ilustradoras galegos.


Do 8 ao 31 de xaneiro

A Coruña

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Obradoiro de ilustración: As imaxes contan

Con Carmela González

Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
1 de febreiro ás 12:00
20 prazas. Inscrición gratuíta na páxina web da biblioteca ou presencialmente

Mostra: Ilustradores de libros de animais do mar

Do 15 ao 31 de xaneiro

EASD Pablo Picasso

Presentación do Día da Ilustración

Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo

Salón de actos
29 de xaneiro ás 19:00

Charla con autor convidado: Jesús Cisneros

Con Jesús Cisneros

Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo

Salón de actos
29 de xaneiro ás 19:15

Obradoiro de máscaras con Jesús Cisneros

Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo

20 prazas. Inscrición gratuíta na web da AGPI
30 de xaneiro de 16:00 a 20:00

Ferrol

Biblioteca Municipal de Ferrol

Homenaxe a Cándido Fernández Mazas

Con Quico Souto (profesor de debuxo artístico no IES Concepción Arenal de Ferrol) e o ilustrador Carlos Sardiña
Actividade organizada polo Club de Prensa de Ferrol

30 de xaneiro ás 19:00

Lugo

Biblioteca pública de Lugo

Obradoiro de ilustración: Laboratorio Zoo-ilóxico

Con María Lires

Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Con inscrición previa. Máis información na web da biblioteca

31 de xaneiro ás 18:00

Ourense

Biblioteca pública de Ourense

Obradoiro de ilustración: Expresa o teu mundo imaxinario

Con Fatiropina

De 6 a 12 anos
30 de xaneiro ás 18:00
Inscricións no teléfono 988 788 386

Encontro co ilustrador Pablo Otero

Con Pablo Otero

Para rapaces e rapazas de máis de 14 anos
30 de xaneiro ás 19:00

Mostra: Os grandes ilustradores

Do 8 ao 31 de xaneiro

EASD Antonio Faílde

Cándido Fernández Mazas: Vida e obra

Con José Manuel Bouzas

29 de xaneiro ás 12:00

Allariz

Fogar dos Maiores

Allariz Debuxado – IV Festival da Arte da Ilustración

12:00 Inauguración

12:15 Relatorio «Cómo ser dibujante (y que te paguen)», por David Lafuente

17:00 Relatorio «Detrás del telón», por Ester García

19:00 Relatorio «Ilustrando a Tolkien y Lovecraft. Gracias y desgracias del “fan art”», por Tomás Hijo

31 de xaneiro
Entrada libre e gratuíta

Máis información

Praza de Abaixo

III Feira da Creación

Dentro do festival Allariz Debuxado

1 de febreiro, de 11:00 a 20:00
Entrada libre e gratuíta

Máis información

Fundación Vicente Risco

Allariz Debuxado – IV Festival da Arte da Ilustración

11:45 Presentación da novela gráfica Grandarroiba de Cristian F. Caruncho

12:30 Micropresentacións de artistas emerxentes. 

11:45-13:30 Sinaturas de obras dos autores participantes no festival

17:00 Relatorio «A experiencia de Demo Editorial», por Manel Cráneo

1 de febreiro

Entrada libre e gratuíta

Máis información

Pontevedra

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Contacontos ilustrado: Ilustramostod@s

A partir dos 3 anos
31 de xaneiro ás 18:00

Mostra: Homenaxe a Cándido Fernández Mazas

Do 20 de xaneiro ao 10 de febreiro

Vigo

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Mostra: Elas pintan moito. 10 ilustradoras galegas

Do 13 de xaneiro ao 15 de febreiro

Obradoiro de ilustración: Mundos ilustrados

Con Aurora López

Para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
30 de xaneiro ás 18:30
Inscrición na biblioteca

Obradoiro de cómic

Con María Vilar Costas

Para nenos e nenas de a partir de 8 anos
Sala de usos múltiples
25 de xaneiro de 12:00 a 13:00
Inscrición na biblioteca

Charla coloquio: Primeiros pasos no mundo da ilustración

Con Laura Núñez

1 de febreiro ás 12:30