Di2018

Cartel do Día da Ilustración 2018, por Minia Regos

Minia Regos (Pontevedra, 1983) cursou o Máster de libro ilustrado e animación da Universidade de Vigo. Combinando técnicas dixitais e tradicionais, Minia desprega un persoal universo onírico, poboado de criaturas e paisaxes trazadas con delicadeza e agarimo polo detalle. Entre os seus traballos destacan os libros Cantigas para aprender a soñar (Edicións Embora, con textos de María Xosé Lamas), Casas (Tambre, con textos de Paula Carballeira) e Tac, tac, tac, plof (Narval Editores, escrito por Pepe Monteserín); este último foi seleccionado na Bienal de Ilustración de Bratislava 2017.

miniaregos.com

Actividades destacadas

Desde 2017 o Día da Ilustración homenaxea —por iniciativa da AGPI— un ilustrador galego histórico. O Día da Ilustración 2018 estivo dedicado a Camilo Díaz Baliño (1889-1936), pintor, ilustrador, escenógrafo e pioneiro galego do deseño.

A Biblioteca de Galicia acolleu «Camilo Díaz Baliño: A xenialidade truncada». A AGPI realizou un vídeo en liña que resume a vida e logros artísticos do ilustador.

Homenaxe a Camilo Diaz Baliño

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Camilo Díaz Baliño.

Consultar a programación do Di2018

Exposición «Camilo Díaz Baliño: A xenialidade truncada»

Documentos, imaxes e obras doadas por Isaac Díaz Pardo (fillo de Camilo), á Biblioteca e Arquivo de Galicia. Este arquivo pódese consultar en liña na biblioteca dixital Galiciana.

 

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2018: Camilo Díaz Baliño

Vídeo producido pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración coa Subdirección Xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia.

Ligazóns relacionadas:

Arquivo en liña de Díaz Baliño en Galiciana
Vídeo-homenaxe Di2017: Cebreiro
Díaz Baliño, o ilustrador mártir (culturagalega.org)