Galería 2021

Catro visións sobre Lolita Díaz Baliño

Catro ilustradoras galegas (Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero) ofrecen a súa visión persoal de Lolita Díaz Baliño, mediante ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.

Lidia Cao

Interesada polo debuxo desde moi cativa, especializouse no tratamento de figuras e rostros, analizando minuciosamente as expresións para conseguir dicir moito co mínimo. Na súa obra, as personaxes posúen un peso primordial na composición. Estudou ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña, e desde 2018 traballa como ilustradora e muralista autónoma.

behance.net/lidiacao

Lidia Cao explica en vídeo este proxecto

Nuria Figueiredo

Ceramista e ilustradora ourensá, vive e traballa en Pontevedra. Gusta do misterio, a maxia, a natureza e as súas curiosidades. O seu traballo é moi narrativo, e deixa que sexan as súas pezas ou debuxos as que lle conten as historias. O seu estudio e taller, Casa Chamota, imparte ademais clases e obradoiros.

nuriafigueiredo.com

Nuria Figueiredo explica en vídeo este proxecto

Iria Ribadomar

Debuxante e pintora cambadesa, reside en Santiago de Compostela, onde estudou artes plásticas e deseño e participou, pintando e expoñendo durante anos, no espazo dedicado á arte de rúa na zona vella. En 2013 fundou Deica! Creacións, un proxecto de ilustración e complementos arredor da cultura galega.

iriaribadomar.com

Iria Ribadomar explica en vídeo este proxecto

Laura Romero

Ilustradora, urban sketcher e música. É a creadora do proxecto de visibilización «Músicas galegas ilustradas», que comezou pouco despois de entrar como baixista na banda de rock Zënzar. Tamén é coordinadora e ilustradora do libro Ferreñas & rock and roll (Baía Edicións). Participa no espectáculo familiar Cores, contos e rock’n’roll debuxando en directo xunto ao músico Pakolas, e é a ilustradora dos seus libros-CD (Editorial Galaxia).

eleromero.com

Laura Romero explica en vídeo este proxecto