O libro obxecto: cando todo conta
Taller teórico-práctico impartido por Nuria Díaz
1 de Febreiro, ás 10:00 || EASD Pablo Picasso (A Coruña)
A autora vai máis alá do que narran os textos e as ilustracións, e céntrase no libro como obxecto: peso, dimensións, formato e composición do exterior en xeral
Autoedición e autoxestión da túa obra.
Taller teórico-práctico impartido por Bernal Prieto.
30 de xaneiro de 2023, ás 10:00 || EASD Ramón Falcón (Lugo)
Obradoiro para aprender as bases do mercado tradicional e alternativas coa fin de xestionar a túa produción creativa de xeito autoxestionado.
Ilustración animada para redes sociais
Taller teórico-práctico impartido por Carmen Pintos.
2 de febreiro ás 10:00 horas || EASD Antonio Faílde (Ourense)
Obradoiro para levar a cabo un proxecto de ilustración e posterior animación con After Effects para dar un valor engadido á túa obra en redes sociais.
Chichi Campos e a importancia da autoedición durante o franquismo.
Charla/conversa con Nico Campos, fillo do autor homenaxeado.
30 de xaneiro ás 17h. || EASD Antonio Faílde (Ourense)
Nico Campos segue a espallar a memoria do seu pai para que a súa obra non caia no esquecemento. Nesta charla co alumnado da EASD Antonio Faílde centrarase especialmente nas publicacións autoeditadas do autor nunha época na que a represión e a censura eran a norma.