Charlas 2023

Charla: «María Antonia Dans, creadora e muller comprometida»

Con Rosario Sarmiento

30 de xaneiro de 2023, ás 10:20 || Sede Afundación Santiago de Compostela

Santander, 1957. Licenciada en Historia, crítica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia. Dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia (1996-2014) e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia (2005-2011). Dirixiu o documental Arte + Muller + Galicia, Premio Luísa Villalta de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña no ano 2018. En 2022, publicou, dentro da Colección Grandes Pintores da Deputación da Coruña, o volume María Antonia Dans.

rosariosarmiento.gal

Presenta: Neves Rodríguez

Organizada por AGPI, coa colaboración da MiiC e o patrocinio da Xunta de Galicia

Accede aquí á gravación da charla

De ruta polos libros de... Bea Gregores e David Pintor

30 de xaneiro de 2023, ás 12:00 || Sede Afundación Santiago de Compostela

Bea Gregores (Vigo, 1995)

Graduada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no mestrado universitario en libro ilustrado e animación audiovisual. Gañadora do Primeiro premio Xuventude Crea na modalidade de Banda Deseñada, ten ilustrado, entre outros, os libros escritos por Eva Mejuto A lavandeira de San Simón (Xerais e Lóguez) e Cando leo (Xerais, 2022), e mais Douche a miña palabra (con texto de Fran Alonso, Xerais) e Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa e María Casares. A impaciencia de vivir (ambos con María Canosa, Bululú Editorial). En 2022 publicou As mulleres que cultivaban néboas (Xerais) álbum no que asina o texto e das ilustracións.

bea_gregores

David Pintor (A Coruña, 1975)

Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor. Desde 1993 traballa en humor gráfico para prensa co guionista Carlos López, baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto. As súas tiras cómicas apareceron en La Voz de Galicia< e varios outros xornais. No campo da ilustración, ten colaborado con editoriais de todo o mundo, como SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Bululú, Mondadori, Tcharan, La Guarida ou Combel. Realizou ilustracións e cómics para as revistas Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, Leer, Andersen, Peonza e El Ciervo.

davidpintor.com

Modera: Neves Rodríguez

Organizada por AGPI, coa colaboración da MiiC e o patrocinio da Xunta de Galicia

Accede aquí á gravación da charla

Taller de humor gráfico impartido por Santy Gutiérrez

27 de xaneiro de 2023, de 17:30 a 19:30  || Unitaria, Calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela

15 prazas | duración: 2 horas
Cota de inscrición: 10 € (público en xeral) / 3 € (socios/as da AGPI)

Organizado por AGPI, co patrocinio da Xunta de Galicia

Santy Gutiérrez

Vigo, 1971. Conta con 25 anos de experiencia como humorista gráfico en cabeceiras como Atlántico diario, El Progreso, La Opinión de A Coruña e La Región. Ademais, ten ilustrando libros infantís e xuvenís e educativos, artigos de prensa e carteis; o seu ámbito de traballo abrangue ademais a banda deseñada, os storyboards, o deseño de personaxes, o deseño téxtil, o muralismo e a ilustración aplicada a todo tipo de materiais e soportes para importantes editoriais nacionais e estranxeiras, empresas téxtiles, grupos de comunicación, axencias de publicidade, produtoras audiovisuais e institucións públicas e privadas. Membro fundador do estudio Baobab, foi presidente de AGPI e FADIP.

santygutierrez_humor