Di2017

Cartel do Día da Ilustración 2017, por Perrilla

Perrilla (A Coruña,1981) asinou a ilustración do cartel DI2017. Entre os seus traballos destacan os libros Os Cabezombis na mansión espello (Galaxia, 2016) e En un lugar de Malvadia… con versos de Jack Mircala (Hiperión, 2016). En 2016 autoeditou El Gato Lunar, o seu primeiro álbum de BD. Tamén traballa no campo do produto ilustrado. A súa serie de acuarelas «Cándida Foresta» é unha boa mostra do seu particular universo gráfico: gótico e naíf, metade riquiño, metade inquietante. perrillaycia.blogspot.com.es

Actividades destacadas

Desde 2017 o Día da Ilustración homenaxea —por iniciativa da AGPI— un ilustrador galego histórico. O Día da Ilustración 2017 abriu esta serie de homenaxes co debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (1903-1956). A Biblioteca de Galicia organizou a mostra bibliográfica «Cebreiro: o trazo da Vangarda». A AGPI realizou un vídeo en liña que resume a vida e logros artísticos do autor coruñés.

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Álvaro Cebreiro.

Exposición «Cebreiro: o trazo da vangarda»

Mostra de publicacións ilustradas por Cebreiro, albergadas nas coleccións da Biblioteca de Galicia. Sala de exposicións da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela), do 20 de xaneiro ao 7 de marzo de 2017

 

Vídeo-homenaxe Di17: Álvaro Cebreiro [1 min 46 s]

Vídeo producido pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración coa Subdirección Xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia

Ligazóns relacionadas:

Programa do Di2017 (PDF, 280 KB)
Cebreiro no Museo de Belas Artes da Coruña