Di2023

Siro, Ilustrador do cartel Di2022

Humorista gráfico, caricaturista e ilustrador, ten traballado para La Voz de Galicia, Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región, Diario de León, Diario 16 e varias publicacións galegas. O seu manifesto en defensa do humor, asinado con Xaquín Marín en 1983, conseguiu a revalorización do traballo do humorista gráfico e o caricaturista na prensa, e deu lugar ao nacemento do Museo do Humor de Fene. En 1990 deseñou a Praza do Humor da Coruña. Entre 2000 e 2002 coordinou Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia.

siroartista.es

 

Actividades destacadas

Desde 2017, o Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. A protagonista deste ano é María Antonia Dans.

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «María Antonia Dans, a maxia da cor». A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras de María Antonia Dans que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Homenaxe a María Dans

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de María Dans. A AGPI organizou as actividades abertas ao público (podes acceder ás gravacións das charlas aquí).

Programación do Día da Ilustración 2023

Exposición «María Antonia Dans, a maxia da cor»

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «María Antonia Dans, a maxia da cor». A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras de María Antonia Dans que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia (Monte Gaiás) | Máis información

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2023:

Breve vídeo (3:53) que que percorre a vida e as incursións na ilustración desta artista polifacética. O vídeo tamén pode verse na exposición «María Antonia Dans, a maxia da cor» na Biblioteca de Galicia. É unha produción da AGPI e a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Tres visións sobre María Antonia Dans

Tres ilustradores —Aida Alonso, Xoana Almar (Cestola na Cachola) e Jano— ofrecen a súa visión persoal de María Antonia Dans en tres ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.

[Ver a galería 2023]