Galería 2022

Catro visións sobre Reimundo Patiño

Catro ilustradores (Alberto Díaz, Aarón Moucho, Sandra Lodi e Andrea López) ofrecen a súa visión persoal de Reimundo Patiño en catro ilustracións realizadas especialmente para a ocasión. 

«O Xuramento da Laracha»

Xohán Casal, Reimundo Patiño, Enrique Iglesias e Antón Avilés de Taramancos conxúranse á luz do lume para loitar por unha Galicia libre e popular, e a favor dun idioma secuestrado polo franquismo. Este acto de compromiso identitario será determinante na obra de Reimundo Patiño.

instagram.com/albertodiazpelorroto | pelorroto.com

Alberto Díaz explica en vídeo este proxecto

Alberto Díaz pelOrroto

Madrid, 1972. Participou en revistas e fanzines de BD como Sopas de Ajo, Cretino ou TMEO. É coautor de series literarias como Carla, Lechuza detective e Carla y Lechuga (Anaya). En 2020 publicou a novela gráfica Bo tempo (Demo Editorial) unha visión persoal sobre a figura e a obra de Reimundo Patiño, achegando novos datos á súa biografía.

«Segadores galegos en Castela durante o tempo do Defcon 1»

Descubrín a obra deste autor nunha exposición no CGAC, hai unha chea de anos. Chamáronme a atención o emprego da cor, a liña veloz e intrépida, a forma de converter imaxes estáticas en dinámicas grazas ao traballo con onomatopeas e liñas de movemento, e o seu imaxinario mordaz e satírico, pero duro e violento como a realidade mesma.

instagram.com/aaronidasmoucho
Aaron Moucho explica en vídeo este proxecto

Aarón Moucho

Vigo, 1990. Estudou Belas Artes na facultade de Pontevedra. Alí comezou a colaborar con outros debuxantes nas súas primeiras incursións no mundo da autoedición, e cultivou outras disciplinas como a escultura ou a serigrafía. Actualmente fai colaboracións no mundo do cartelismo, a estampa e a animación.

«A muller que falaba galego»

Non coñecía con anterioridade o traballo de Reimundo Patiño, e foi unha sorpresa descubrir un artista ao que me sinto moi achegada. Da súa obra como ilustrador destacaría a súa grande expresividade e o seu ton burlón e inquietante.

instagram.com/sandra.lodi

Sandra Lodi explica en vídeo este proxecto

Sandra Lodi

Lugo, 1990. Licenciada en Belas Artes en Salamanca, con estudos na Accademia di Bele Arti di Brera (Milán). Na actualidade, traballa no ámbito do humor gráfico colaborando na revista Mongolia e o webzine El Estafador. No ano 2019 foi premiada co segundo Premio Curuxa de Humor gráfico.

«Poema número sete»

Aproximarme á obra de Patiño supuxo darlle sentido aos recordos infantís que teño de Dúas viaxes; pasar dunha interpretación netamente visual —quero dicir, ágrafa— a mergullarme na súa particular perspectiva do mundo e moi especialmente da identidade galega.

instagram.com/andreadetoba | andrealopezalvarez.blogspot.com

Andrea López explica en vídeo este proxecto

Andrea López

A Coruña, 1976. Cursou Belas Artes en Pontevedra e Barcelona. Traballou en ilustración infantil e banda deseñada, e elaborou carteis e portadas para libros e discos. Actualmente dedícase especialmente ao deseño editorial.