Di2022

Paula Mayor, Ilustradora do cartel Di2022

Ilustradora, deseñadora gráfica, infógrafa, deseñadora téxtil e editorial. Ten traballado en moi diferentes ámbitos da ilustración. En libros infantís e xuvenís, por exemplo, a colección Coloreando (Hércules, 2017-2020), Conta nove estrelas (de Andrea Maceiras, Xerais, 2019), ou Será correcto? (de Concha Blanco e María Canosa, Hércules, 2016). Ten feito portadas para discos e libros como Emilia Pardo Bazán e a moda (de Blanca P. Rodríguez Garabatos, Hércules, 2021), e carteis para eventos de organismos oficiais, como «Libera Rosalía», «Padrón Literario» ou «Venres nas Librarías». O seu traballo foi premiado en varias ocasións (ilustración deseño gráfico e cómic), e participou en diversas exposicións colectivas, como IlustraDAS, no Museo Liste de Vigo.

@paulamayorart | paulamayor.es

 

Actividades destacadas

Desde 2017, o Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. O Día da Ilustración 2022 adicouse nesta ocasión a Reimundo Patiño (A Coruña, 1936-1985).

A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Reimundo Patiño: o desacougo creador», con libros, publicacións e obras que formaron parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Homenaxe a Reimundo Patiño

As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Reimundo Patiño. A AGPI organizou as actividades abertas ao público novamente en formato en liña, debido ás restricións relacionadas coa covid-19: a charla «Xaquín Marín: Viaxe con Reimundo Patiño» foi unha conversa co propio Marín acerca do homenaxeado, e, a continuación, decorreu outra conversa, neste caso coa ilustradora Roberta Vázquez. Ambas as charlas foron conducidas pola comunicadora Neves Rodríguez (podes acceder ás gravacións das charlas aquí).

Programación do Día da Ilustración 2022

Exposición «Reimundo Patiño: o desacougo creador»

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «Reimundo Patiño: o desacougo creador». A mostra recolle libros, publicacións e obras que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia (Monte Gaiás) | Máis información

Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2022: Reimundo Patiño

Breve vídeo ( 3:22 minutos ) que percorre os traballos máis relevantes deste autor no campo da BD. O vídeo tamén pode verse na exposición «Reimundo Patiño: o desacougo creador» na Biblioteca de Galicia. É unha produción da AGPI e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Catro visións sobre Reimundo Patiño

Catro ilustradores (Alberto Díaz, Aarón Moucho, Sandra Lodi e Andrea López) ofrecen a súa visión persoal de Reimundo Patiño en catro ilustracións realizadas especialmente para a ocasión. 

[Ver a galería 2022]