Manel Cráneo, Ilustrador do cartel Di2021
Artista multimedia de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic e humor gráfico, ten publicado en moi diversas revistas e volumes colectivos, e mais os álbums Dámsmitt (2006, con guión de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (2009-2017), Cousas de mortos (2012), A Fraga Milmañas (2013, con guión de Carlos Amil), Destino Hërgüss (2015) e Corona-Bios (2020). Ademais, ten ilustrado numerosos libros de literatura infantil e xuvenil, e obras como Vento e chuvia (Manuel Gago, 2014). A súa BD Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe, e foi producido tamén un capítulo piloto de serie de animación baseado no seu universo «Planeta Mincha». A súa obra ten sido exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba.
Actividades destacadas
Desde 2017, o Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. O Día da Ilustración 2021 estivo dedicado a Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963).
A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista». A AGPI realizou un vídeo en liña que resume a vida e logros artísticos do ilustrador, e a mostra virtual «Catro visións sobre Lolita Díaz Baliño».
As bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo realizaron, o propio día e nas semanas previas e posteriores, obradoiros, exposicións, mostras bibliográficas e contacontos, actividades todas elas relacionadas coa ilustración galega e universal ou ben coa figura e a obra de Lolita Díaz Baliño. A AGPI organizou as actividades abertas ao público nesta ocasión, debido ás restricións relacionadas coa covid-19, en formato en liña: así, puido accederse á charla «Lolita Díaz Baliño: A ilustradora dos soños», impatida pola especialista Rosario Sarmiento, precedida dunha charla coa ilustradora invitada Carla Berrocal. En ambos os casos contouse coa presentción da comunicadora Neves Rodríguez (podes acceder ás gravacións das charlas aquí).
Programación do Día da Ilustración 2021
Exposición homenaxe a Lolita Díaz Baliño
A Biblioteca de Galicia acolleu a exposición «Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista». A mostra recollía documentos, libros, imaxes e obras de Fernández Mazas que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia (podes acceder aquí á visita virtual).
Vídeo-homenaxe Día da Ilustración 2021: Lolita Díaz Baliño
Breve vídeo que fai un percorrido pola vida e a obra desta ilustradora coruñesa.
Catro visións sobre Lolita Díaz Baliño
Catro ilustradoras galegas (Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero) ofreceron a súa visión persoal de Lolita Díaz Baliño, mediante ilustracións realizadas especialmente para a ocasión.